Oficina de Abanca en Seixo.

Ramallo enviou un escrito á dirección da entidade bancaria para mostrar a postura do Concello de Marín ante o comunicado realizado pola propia empresa anunciando o peche

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, remitiu á presidencia da entidade bancaria Abanca un escrito desde Alcaldía ante o comunicación realizada pola mesma do inminente peche da sucursal situada na parroquia de Seixo. “Neste momento é a única entidade bancaria nese territorio e en consecuencia supón unha merma nos servizos para a veciñanza desa parroquia e da contorna, que habitualmente utilizan a entidade de Abanca como referencia, xa que dá soporte as súas necessidades financeiras”, explica a rexedora na súa carta.

Por tanto, a alcaldesa trasladou a “oposición do Concello ante a decisión do peche da sucursal”, xa que suporá “unha perda significativa para o sector do comercio, da hostalaría, para o Mercado de Abastos e para as persoas usuárias”.

Precisamente, a rexedora destaca o gran valor que o sector de mais idade da sociedade lle da á oficina, “xa que permite ese trato mais persoal cos traballadores”, e son clientes que “se mantiveron fieis á súa entidade” durante momentos moi complexos e duros.

A rexedora pídelle á dirección de Abanca que “reconsidere a cuestión e non retiren os servizos desta entidade nun núcleo de poboación moi importante, da nosa parroquia urbana e turística por excelencia e permitan continuar como ata o de agora, tendo en conta o dinamismo que ten Seixo e as necesidades que evidentemente cobren”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *