Victoria Portas, alcaldesa de Cangas.

«Son consciente de que temos gañas de estar coa familia e cos amigos pero debemos ser responsables e pensar, ademais de na saúde de quen nos rodea, naquelas familias que vense obrigadas a pechar os seus negocios novamente e que non poden gañarse o pan», reclama

«Sentidiño» e «responsabilidade», iso é o que pide a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, aos seus veciños tras o incremento de casos activos nos últimos días e que levaron a establecer no municipio o nivel alto de restricións. Esta chamada á sensatez da rexedora implica evitar na medida do posible as reunións de non convivintes, fundamentalmente da familia e dos amigos, para conter a propagación do virus e evitar que os contaxios sigan crecendo. «Son consciente de que temos gañas de estar coa familia e cos amigos, e é comprensible, pero debemos ser responsables e pensar, ademáis de na saúde de quen nos rodea, naquelas familias que vense obrigadas a pechar os seus negocios novamente e que non poden gañar o pan para eles e os seus fillos», reclama.

Portas, consciente da situación porque tamén xestiona a concellería de Sanidade, manifesta a súa «preocupación» polo «descontrol e desenfreo» que supuxo o fin do estado de alarma o pasado 9 de maio e que deixou aos concellos sen armas legais para afrontar e disuadir certos comportamentos desafortunados que se poidan producir. A isto súmase, di a rexedora, a «política de mans caídas da Xunta» que
envorca a responsabilidade económica e social nos gobernos locais. «Non podemos
criminalizar só á mocidade debido a que son as administracións superiores as que
teñen que marcarlles o camiño para seguir e non o están facendo, nin lexislativamente nin sequera informándonos aos responsables locais puntualmente da evolución da pandemia en Cangas», acusa.

Aínda así, e cos datos na man, Victoria Portas quere romper unha lanza a favor
dos seus veciños e veciñas e recoñece, en xeral, o «bo comportamento da mocidade canguesa» respecto a outras cidades da contorna. Iso si, o aumento dos contagios das últimas semanas e as novas restricións «obrígannos a facer un novo esforzo e seguir comportándonos con máis sentidiño se cabe porque as cifras de contaxios demostran que aínda non vencemos ao virus e que quedan moitas persoas vulnerables por vacinar».

O verán, ao virar a esquina

Desde hoxe a nosa hostalería de Cangas volve sufrir outro novo pau pechando o
interior e restrinxindo o servizo en terraza ao 50 por cento coa entrada en vigor das novas restricións que supón o nivel alto. Ocorre, lamenta Victoria Portas, nun
momento no que o sector está «moi débil» despois dun ano de continuos peches e
nunha época, a primaveira, na que o turismo podería reactivarse dentro das
limitacións que permiten a normativa sanitaria.

Así ben, confesa, «agora non queda máis que poñer da nosa parte para reducir
ao mínimo os contaxios e salvar o verán que xa se atopa ao virar a esquina e no que centeares de familias de Cangas teñen posta a esperanza para saír desta durísima situación que atravesan. É unha responsabilidade de todos e todas pola saúde dos cangueses e pola recuperación da economía de Cangas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *