Queren un acordo para que se cumpra co prego de condicións recolleito no contrato

A Asociación de Veciños Nos de Cangas continúa denunciando o «desprezo» das concellerías de Urbanismo e Obras dirixidas polo PSdeG do Concello e decidiron dar un paso máis. Onte enviaron un escrito a todos os partidos políticos da oposición para facerlles chegar os «incumprimentos» e as «anomalías» atopadas nas obras da urbanización da Fonte da Regueira.

Fotos das anomalías recollidas no escrito á oposición.

«Nese escrito expuxémoslles os antecedentes de feito, nos que enumerabamos no que entendemos que non se cumpre co obxectivo de poñer en valor o lavadoiro, a fonte, a zona exterior e a súa contorna. E que nos dá a impresión de que o que se pretende é levar a cabo unha política de feitos consumados coa que, evidentemente, desde a Asociación Nos non estamos de acordo», expresan.

Con este escrito pretenden os veciños que por parte dos partidos políticos «trasládese ao próximo pleno unha proposta de acordo para que se cumpra co prego de condicións 1233/2020 recolleito no contrato», que non é outro que «darlle á obra unha solución beneficiosa para a veciñanza, poñendo en valor o lavadoiro, a fonte e a súa contorna e dando unha boa imaxe desa zona».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *