A artesanía terá un papel protagonista esta domingo na Alameda de Marín coa celebración da V Mostra que organiza a Asociación Gallaecia. A partir das 10.00 horas abrirase o mercado, que está á disposición do público ata as 22.00horas, e a partir dese momento haberá moitas actividades.
Ás 13.00 horas, presentarase o audiolibro “A primeira meiga”, escrito e producido polo marinense Juan Prieto, que estará na Alameda para tamén realizar unha firma de exemplares.
A partir das 13.30 horas, teremos sesión vermú a cargo da banda “Querido extraño”, que chegarán dende Pontevedra co seu estilo de folk, country e blues. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, Laura Naveira fará animación infantil e ás 19.00 horas, teremos actuación da agrupación de Zumba “Kris y los Zumbis”.