O orzamento municipal recollía unha partida de 10.000 euros para semente destinada a reforzar os bancos marisqueiros da Confraría
O Concello de Vilaboa entregou á Confraría Pedra de Oliveira de Vilaboa 980.000 unidades de cría de ameixa adquiridas cunha partida de 10.000 euros que o goberno local reservou no orzamento correspondente a este ano 2021 para respaldar ao sector do mar co reforzo dos bancos marisqueiros da Confraría.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, estivo acompañado polo voceiro do Partido Popular e directivos da Confraría na entrega da semente, un acto co que o Concello escenificou o seu apoio a un sector produtivo importante para Vilaboa, xerador de empregos directos e clave para a economía local.
O ano 2021 é o primeiro no que o Concello reserva partida no orzamento para
colaborar coa Confraría, mais o alcalde confía en establecer sinerxias de traballo
conxunto para prolonguen no tempo accións concretas de apoio que se sumen aos
pequenos investimentos e mantementos que axuden á labor diaria das mariscadoras.