As restricións anunciadas hoxe pola consellería de Sanidade por mor do incremento de contagios na comunidade galega repercuten directamente na programación de Nadal. O Concello de Marín xa anunciou que suspende a Festa de Fin de Ano Infantil que tiña previsto celebrar este venres 31, ás 12.00 horas, na Alameda coa recreación das uvas.
Pola contra, a carpa da Alameda seguirá funcionando coma ludoteca e os nenos e nenas que vaian na mañá do 31 levarán para casa unha bolsiña de cotillón.