O encontro dos colectivos co Concello.


Concello de Moaña, asociacións veciñais e comparsas xa tiveron un primeiro contacto para tratar de organizar este ano os entroidos, despois de dous sen poder facelo con normalidade pola pandemia. Aínda que a súa celebración final dependerá dos datos de contagios nese momento e do protocolo que estableza a Xunta para estas festas, desde a concellería de Cultura indican que se traballa xa coa intención de levalos a cabo e recuperalos.

Nun principio, as datas acordadas para os festivais de comparsas nas parroquias son: en Berducedo o 26 de febreiro, en Domaio o 27, Tirán o 4 de marzo e O Latón o 5.

Na tarde de onte houbo unha reunión nas instalacións municipais do departamento de Cultura cos colectivos que habitualmente colaboran na organización e neste encontro quedou de manifesto a «intención de colaborar».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *