Extintor do polideportivo do Rosal.

Coalición Independente por Moaña (XM), liderada por Javier Carro, denuncia a «total falta de seguridade» no sistema contraincendios en todas os edificios municipais da localidade. Carro alerta en nota de prensa de que «desde o mes de setembro todo o sistema contraincendios de todas dependencias municipais están sen pasar revisión, tanto os extintores como as tomas de auga». «Só está a día de hoxe con revisión pasada o polideportivo do Rosal pero cunha revisión fraudulenta xa que as revisións asinadas non se corresponden coa realidade porque a empresa Limpergal certificou en decembro que pasou a revisión en setembro, xusto despois de que eu denunciáseo na comisión do 7 de decembro «, engade.

Carro considera que esta manobra é «presuntamente un delito moi grave» do que responsabiliza á concelleira de Deportes, Dolores Portela, ao «non comprobar a veracidade do mantemento deste centro deportivo».

O líder de XM lembra que Limpergal gañou a licitación por 3.300 euros +IVE. «As empresas da provincia da Coruña están moi arraigadas en Moaña, porqué será «, insinúa.

Desde o goberno local aseguran que esta situación xa está liquidada e que a empresa regularizou a situación en todos os extintores dos edificios de titularidade municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *