Haberá obradoiros para nen@s de todas as edades.

Novo horario na Casa da Mocidade de Moaña. A partir de mañá abrirá os sábados de 17:00 a 23:00h e manterá o horario habitual de luns a venres de 15:00 a 21:30h.

Para esta apertura, informa a concellería de Mocidade, anuncian diferentes actividades que se complementarán co servicio que presta a propia cMo con consolas, sala de lectura, sala de xogos, mesas de ping pong, sala de proxeccións, futbolín e diferentes xogos, así como varias salas para usos múltiples onde reunirse e aproveitar o tempo de lecer.

Ademáis, hoxe venres terá lugar a Asemblea da Mocidade que será aberta para toda aquela persoa que queira aportar ideas, análese e métodos de transformación social.

Actividades dende mañá

Sábado 22 de Xaneiro. de 17:00 a 20:30 Xornada de Xogos de mesa e MAgic. Especial. TARDE DE CARREIRA. Xogarase aos xogos Gretchiz!, Dice Run e ao Table-Mopo GP, un monográfico de xogo de carreiras, para finalmente poder xogar e aprender a xogar ao Magic. Todo isto en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Os Gardiáns de Moaña.

O sábado 29 de xaneiro, obradoiro de Mecánica Básica da Bicicleta de 18:00 a 19:30 horas para a rapazada de 5 a 16 anos. Nel aportaranse coñecementos básicos para manter unha bici a punto, mantemento e reparación básica. O formativo contará coa colaboración da Escola de ciclismo Delio Fernández.

O primeiro sábado de febreiro, o día 5, terá lugar novo obradoiro de Mecánica Básica da Bicicleta, de 18:00 a 19:30, pero neste caso para nenos e nenas a partir de 16 anos. Aportaranse coñecementos básicos para manter unha bici a punto, mantemento e reparación básica.

Para o sábado, 12 de febreiro, de 17:30 a 19:00 horas, exposición de elementos para manipular e coñecer sobre os experimentos mais destacados e invencións das mulleres científicas destacadas da historia. Esta actividade celébrase co gallo do 11 de febreiro que se celebra o Día internacional da muller e a nena na Ciencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *