O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, desprazarase mañá a Santiago de Compostela para recibir ao avión que o Executivo central fretou hoxe para repatriar a Galicia aos tres sobreviventes e os nove cadáveres dos mariñeiros do Villa de Pitanxo, naufragado en augas de Terranova o pasado martes. A previsión é que o avión chegue á base aérea da capital galega ás 18:00 horas.
Sánchez chega a Galicia entre críticas das familias das víctimas que din sentirse soas e claman ao Goberno central que reanude a búsqueda dos seus seres queridos, os doce tripulantes do pesqueiro que ainda non apareceron.