A concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, xunto cos representantes de Pousos da Area, presentou esta mañá a nova edición da festa gastronómica adicada ao Bolo do Pote, que se celebrará o domingo ao mediodía, coincidindo coa Andaina dos Montes e Praias.
A organización prevé o reparto de máis de 1.000 racións deste prato típico da cociña popular galega, elaborado con fariña de millo mollado en caldo e que se acompaña no prato con chourizo e ourella.
O reparto das racións será na Alameda Rosalía de Castro e comezará a partir das 12.00 horas.