Ramallo co xefe do Estado Maior da Armada no Concello de Marín.

O xefe do Estado Maior da Armada (AJEMA), Antonio Martorell Lacave, visitou onte á tarde o Concello de Marín, onde foi recibido pola alcaldesa, María Ramallo, e o tenente alcalde, Manuel Santos.

A máxima autoridade da Armada en España quixo trasladar o pésame ao pobo de Marín pola traxedia do Villa de Pitanxo, sobre todo ás familias dos mariñeiros falecidos, aos que trasladou todo o seu cariño e respecto.

O Ajema destacou a importante unión de Marín coa Armada, por ser o pobo que alberga a Escola Naval Militar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *