Gimnasia para mayores.

A alcaldesa, Victoria Portas, destaca a importancia de dispor de solvencia financieira para “atender ás persoas e sobre todo ás máis vulnerables”

A Xunta de Goberno Local desta semana en Cangas aprobou a conta xustificativa do gasto dos Servizos Sociais Comunitarios correspondentes ao ano 2021 e que ascende a 1.698.789,33 euros, dos que a Consellería de Política Social financiou 729.390 euros, mentras que o Concello asumiu con fondos propios 969.398 euros.

O programa que absorbe o maior investimento por parte do Concello de Cangas é o de atención no fogar a persoas con dependencia, do que se beneficiaron o pasado ano un total de 250 usuarios. Dos 875.450 euros de coste anual deste servizo no Saf de Dependencia, a Consellería de Política Social asume 568.145,67 euros e o resto aportao a administración local e con respecto a parte da atención no fogar básico, ten un coste anual de 26.159, 10 euros, dos que a Xunta aporta pouco máis de 3.000 euros.

O custo do persoal que atende o departamento de Servizos Sociais engrosa unha partida que ascende a 422.105,63 euros, dos que se financian a través dunha subvención autonómica 158.163 euros, correndo a cargo das arcas municipais o resto da partida.

E a partida destinada á coordinación e xestión dos diferentes programas ascende a un coste de 375.164,21 euros, aportados en solitario polo Concello de Cangas como son as axudas de emerxencia.

A todas estas partidas que forman parte do Plan concertado tense que sumar outros proxectos como as cuantías destinada as escolas infantiles que se
cofinancian co Consorcio Galego, sendo a parte que fai fronte o concello a de
96.750 euros.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, destaca o importante esforzo inversor que supón para as arcas locais destinar 1.898.034,60 €uros para servizos sociais, pasando así a ser un Concello con Criterio de esforzo inversor en política social xa que o gasto social supera o 10% do orzamento total ( 11,34 %).

Este orzamento dedicado as políticas sociais apunta a importancia de que Cangas poida contar con solvencia financieira para manter servizos deste tipo que poñan por riba de todo o coidado e a atención das persoas. “Gobernamos para as persoas. Para todos. Pero non creo que poderemos coincidir que as persoas maiores, a nosos pequenos, as persoas con algún tipo de discapacidade, as vulnerables, merecen que nos volquemos para facer a súa vida un pouco máis fácil”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *