Aurora Prieto coa alcaldesa Victoria Portas, o edil Mariano Abalo e técnicos do Concello.

A área de Servizos reforza o seu equipamento para mellorar o mantemento da rede eléctrica pública

O Concello de Cangas saca a licitación, mediante un procedemento aberto simplificado e con tramitación ordinaria, a adquisición mediante renting con opción de compra dun furgón tipo pick up con cesta elevadora para o departamento dos servizos eléctricos municipais. O prezo de licitación é de 113.740 euros con impostos incluídos.

Os pliegos de condicións estarán a disposición das empresas interesadas en presentar as súas ofertas no Perfil do Contratante, un documento no que se explican as características técnicas que precisa o novoequipamento que adquirirá o Concello de Cangas e que conta cos pertinentes informes favorables dos técnicos municipais e a correspondente retención de crédito.

As firmas interesadas en achegar as súaspropostasteñen de prazo para facelo ata o 25 deste mes de marzo. Aurora Prieto, concelleira da área de Servizos, levou á xunta de goberno do pasado 20 de decembro a proposta de adquisión do furgón para optimizar os traballos da brigada municipal, que con este camión con cesta poderá acceder con maiorfacilidade ao mantemento das luminarias. Este equipamentopoderá ser utilizado tamén para as podas dos árbores no mantemento das zonas axardinadas do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *