A concellería de Deportes e Ensino de Moaña leva a cabo o programa APRENDE MOAÑA con todos os centros educativos do concello. Neste caso, os nenos e nenas do ciclo de educación infantil poden visitar as instalacións da ludoteca para xogar libremente dentro dos diferentes espazos dos que dispoñemos (salas de xogos, xardín,..) e ademais realizar unha actividade programada (obradoiros, dinámicas…) para levar de recordo para casa.
Hoxe, dentro do programa, recibiron a primeira visita deste curso 2021-2022. Un total de 23 nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil do colexio de SEARA foron a coñecela e a pasar unha divertida mañá nela. «Pasámolo xenial e estamos encantadas de poder retomar esta experiencia cos centros educativos», manifestan as mestres.