Apertura da última edición celebrada de Amodiña no 2019.

As inscricións permanecerán abertas ata o día 8 de abril para as empresas asociadas e interesadas e mostrar os seus produtos

Tras oito anos de indiscutible éxito e cando xa falabamos dunha das mellores
pasarelas de Galicia, en 2020, chegou a pandemia, e Fecimo tivo que cancelar a organización dun dos seus eventos estrela no Morrazo. Agora, tras dous anos de parón, Fecimo, confirma con gran ledicia que o Comercio do Morrazo, este ano 2022, terá novamente a súa pasarela de moda AMODIÑA que retoma a súa 9 edición.

Sen dúbida unha edición moi especial que novamente promete ser evento de referencia para o mundo da moda e do comercio local no Morrazo revalorizando o sector e promocionando as novas coleccións que os expositores terán dispoñibles nas tendas de Bueu, Cangas e Moaña.

AMODIÑA terá lugar o sábado 14 de maio en Moaña, como sempre, na contorna do Palco da Música, nun espazo espectacular á beira do mar. Dende Fecimo, cremos que os milleiros de persoas que tiveron que deixar de asistir a este evento pola cancelación dous anos atras, voltarán, se cadra aínda con máis ganas e poderán gozar novamente dun espectáculo para ver en directo os estilismos presentados polas tendas participantes e tamén as actuacións que se intercalan cos pases, porque AMODIÑA non é tan so moda, senón que se presenta como un espectáculo visual que mestura as tendencias coa música, o baile, presentado por profesionais de renome no panorama artístico e televisivo

Inscripcións abertas

As empresas asociadas a FECIMO teñen ata o venres 8 de abril para inscribirse a esta iniciativa. A Federación dispón dun número de prazas limitadas, polo que solicita aos interesados que non demoren a súa inscrición, e como é un proxecto colaborativo, a organización quere resaltar que nesta nova edición, AMODIÑA valorará especialmente aquelas solicitudes por parte de expositores que estean dispostos/as a compartir pase combinando as súas propostas da tempada con outros establecementos complementarios.

Fecimo espera unha grade acollida por parte do público nesta edición 2022 que mostrará as coleccións de Primavera / Verán nunha edición que seguro será tamén moi especial para comercios e organización.

AMODIÑA en 2022 dará encaixe a sectores moi diversos para crear un escaparate
conxunto das TENDENCIAS da tempada. Haberá moda de home e muller, infantil, xuvenil, festa o noivos; tamén lencería e baño, zapatería, complementos e xoiería, decoración, florería, perruquería, estética e maquillaxe, entre outros. Os interesados en participar e recibir máis información deben poñerse en contacto con Fecimo e facer a súa inscrición ata o 8 de abril ás 12:00 horas. :

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *