Son todas as que están pero non están todas as que son… Esa é a frase que resumiría a primeira edición da iniciativa «Cangas, terra de grandes mulleres», posto en marcha pola concellería de Igualdade que dirixe Vitoria Portas. Trátase dun álbum de cromos dirixido aos alumnos dos centros escolares do municipio para que coñezan o nome e unha pequena historia das mulleres do municipio que, desde as súas diferentes posicións e en épocas difíciles, realizaron un labor silencioso e desinteresado en beneficio da cidadanía, mesmo cando isto supoñía represalias para elas mesmas. En definitiva, heroínas sen capa e anteface que lograron cambiar os papeis que a sociedade lles había asignado para converterse en mulleres que acabaron abrindo camiño ás mulleres de hoxe en día.
As súas historias pasan de pais e nais a fillos efillas ata os nosos días, e iso é o que queren dende o Concello con este álbum de cromos, «visibilizar a labor das mulleres de Cangas, das de hoxe e das de antaño. Concienciando ás novas xeracións sobre o papel das mulleres, demostrar que non hay límites, e que a nosa situación non nos define». «Pode incluso ser un impulso para obter ese cambio de valores tan importante nos nosos días. Neste á.bum coñeceremos máis da nosta terra, da nosa xente, das nosas costumes e das nosas guerriras canguesas», reza na introdución.
Cunha boa dose de emoción, o álbum foi presentado este venres no salón de plenos do Concello. Familiares, amigos e historiadores asistiron ao acto para lembrar a 16 mulleres do pasado e tamén do presente:
Ana María Soto Landeira (1921-2019): Asistente Social. Coñecida na comarca como a Señorita de Massó, onde traballou e deixou a súa pegada e bo facer. Dende o seu intreso na fábrica en 1955, foi considerada como O Anxo da Garda dos traballadores de Massó.
Carmen Graña Penedo, activista social falecida no 2021. Carmeliña para uns e Carmiña para outros, formou parte activa en Galicia na resistencia contraria á ditadura franquista.
Consuelo Vilar Martínez (1904-1976), emprendedora e traballadora das artes de pesca, dedicouse a revisar, producir e adaptar redes e aparellos a cada tipo de pesca. Daba traballo a 20 redeiras.
María Martínez dedicou unhas palabras a Consuelo Vilar. José Vieira presentando a Dolores Blanco.
Dolores Blanco Montes (1885-1947), sindicalista coñecida como «A Reivindicadora». Loitou polas xornadas de oito horas, aumentos salariais e mellores condicións dos empregados.
A neta de Socorro Alonso. Presentando a Josefa Rodal.
Fina Acuña Graña (1968-2017), loitadora incansable e fundadora da Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam). Foi unha loitadora por que se desen as condicións necesarias para as mulleres que sufría de cancro de mama como ela mesma.
Socorro Alonso de Lama (1913-2003), farmacéutica e máis coñecida como Socorrito ou como a Nai do Pobo. Sempre estaba disposta a axudar a todos de forma altruista.
Josefa Rodal Rodríguez (1875-1953), emprendedora e pioneira que detectou rápidamente a importancia da auga doce na industria da pesca, desenvolvendo unha empresa que acabaría contribuíndo á economía e o desenvolvemento de Cangas.
Portas presentando a Neneta. Sara na presentación de Celia. María Soliña, tamén protagonista.
A Mangallona (XXIX-XX) cuyo nome real era Leonor Fraga. Extraordinariamente adianta a súa época e por iso chamábana Bruxa. Era filla de Juan Fraga, intendente español en Cuba.
María Antonieta Herrero (1949-actualidade), Neneta. Es una mujer de grande corazón residente en O Hío que contribúe á educación e alimento diario a máis de 300 nenos e nenas nun proxecto educativo na India.
María Celia Fenández Requejo (1968-Actualidade), empresaria de froitas é sin dúbida unha emprendedora solidaria. Forma parte de todas as organizacións de Cangas.
María Soliño Soliña (1551), muller símbolo de Cangas e da historia, vítima da Inquisición do século XVII.
Lectura do texto sobre Teresa Portela José Vieira sobre Mónica Camaño.
María Teresa Portela Rivas (1982-Actualidade), medallista olímpica e meirande expoñente do piragüismo español de augas tranquilas. Nai de familia e dúas carreiras, é modelo de referencia para toda a mocidade canguesa.
Mónica Camaño Fandiño (1971-Actualidade), premiada actriz canguesa de renome internacional. Participou en máis de 20 películos e reicbiu seis grandes premios pola súa actuación.
Manuel Vilariño recordando a súa esposa, Paulina Goberna. José vieira falando de Sara Escarpizo.
Paulina Goberna Hernández (1945-2017), era a cara máis visible da xestión das súa librarías Viláfer, bibiliotecas que alimentaron a sede de lectura e coñecemento da veciñanza canguesa.
Sara Escarpizo Lorenzana Couto (1875-1960), escritora nacida en Cangas, filla do farmacéutico Augusto Escarpizo, e a mestra Elsa Couto. Foi mestra de escola, xornalista e escritora, sendo este último o que lle levou a ser recoñecida polos seus grandes éxitos editoriais.
Sara Malvido Hermelo (1976-Actualidade), amante da música e do folclore da nosa terra, procurou que a través da súa xestión da Asociación Cuiltural Tromentelo, os nomes de Coiro e Cangas se proxectase en ámbitos da xeografía galega e a nivel internacional.
Con estes álbumes traballarase nas escolas e cada neno e nena terá que completar o seu coa muller máis importante na súa vida. Tamén haberá exemplais nas bibliotecas de Cangas e dos concellos do entorno.