Afortunadamente quedou nun susto pero podía ser máis grave. Unha lavadora-secadora ardeu esta madrugada en Bueu, ás 3.29 horas, cando funcionaba para aproveitar a tarifa nocturna da electricidade que permite ás familias aforrar na factura da luz. Afortunadamente o propietario decatouse do incidente e rapidamente apagou o lume cun extintor. Á súa chegada, os Bombeiros do Morrazo encargáronse de ventilar a vivenda porque se atopaba asolagada de fume e comprobar que non había gases tóxicos que impedisen á familia volver ocupar a casa, situada na rúa Montero Ríos, á altura do número 60.
Non houbo que lamentar danos persoais graves, tan só unha leve intoxicación do propietario pero que non necesitou asistencia médica.