Tamén demandan a reposición de dous médicos da tarde na Casa do Mar
Este domingo ás 11:00 horas Moaña sairá á rúa nunha manifestación convocada pola Mesa Local da Sanidade de Moaña, a segunda destas características no que vai de ano. As súas reivindicacións son a volta das urxencias ao PAC de Concepción Arenal, a reposición dos dous médicos da quenda de tarde na Casa do Mar e a terceira ambulancia para O Morrazo, una demanda conxunta co pobo de Cangas. E por este motivo, e pola loita en xeral por unha mellora da Atención Primaria, polo que a plataforma A Voz da Sanidade de Cangas manifesta públicamente o seu apoio a esta movilización.
Así, dende a entidade canguesa fan un chamamento á toda a veciñanza para que acuda a marcha que partirá ás 11:00 horas dende a Porta do Almacén