O Concello de Moaña, a través da concellería de Mobilidade que dirixe o socialista Rodrigo Currás, quere fomentar o transporte sostible e en colaboración cos institutos As Barxas e A Paralaia, pon en marcha a campaña «21 días en bicicleta». Trátase dunha iniciativa que comezará o 23 de maio ata o 10 de xuño e que está dirixida aos 180 alumnos deste nivel escolar no municipio.
Para cumprir este reto deben ir e volver en bicicleta, pero non só iso, tamén terá nque asistir a unha charla explicativa, non utilizar teléfono nin auriculares cando estean en marcha, acender luces e empregar reflectores de noite, ceder a prioridade aos viandantes, respectar as prioridades doutros vehículos, tamén os sinais e os semáforos, sinalizar as manobras con antelación, utilizar casco e roupa colorida, cruzar andando as beirarrúas e pasos de peóns e circular os máis preto da dereita da vía, deixando unha separación de seguridade co bordo e cos vehículos estacionados, en fila índica ou en paralelo.
As persoas que superen en reto recibirán como regalo un chuvasqueiro e participarán no sorteo de dúas bicicletas eléctricas, unha por instituto.
L@s interesade@s deberán inscribirse a través da persoa titora de cada aula. Aqueles alumnos que non conten con bicicleta deberán comunicalo.