Aviso ás portas do centro de saúde de Moaña.

Tamén crea esta figura para paliar o déficit de médicos de familia en Vilaboa para as mañás e dúas para Marín, unha tamén de mañá e outro deslizante

O Sergas xa fixo público o concurso para distribuír os 106 facultativos especialistas en Atención Primaria, unha nova figura que a consellería de Sanidade pon en marcha para paliar o déficit de médicos de familia e poder ocupar así as vacantes que manteñen a miles de galegos sen un médico asignado, entre outras razóns, polo concurso de traslados que levou a cabo hai uns meses. É o caso de Cangas e Moaña. Para estes municipios a Xunta reserva catro prazas, tres para Moaña en horario de tarde e unha para Cangas na mesma quenda. Tamén saca estes postos para Vilaboa, cun médico de mañá, do mesmo xeito que Marín, que tamén terá outro deslizante (con mobilidade de horario de mañá e tarde). Algúns inclúen varios centros de saúde, polo que o médico deberá traballar en dous ou tres ambulatorios.

Para atraer aos especialistas, este proceso selectivo farase só por concurso, é dicir, os aspirantes lograrán unha praza fixa sen necesidade de oposición, valorando só os méritos. Iso si, a praza leva implícito facer gardas en puntos de atención continuada, unha media de dúas. No baremo terase en conta a experiencia (cun peso do 55 %), a formación (35 %), e outras actividades (10 %).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *