Alumnos, usuarios de Afamo e estudantes do obradoiro do Patronato de Beiramar de Moaña celebrando os maios en Meiro, Bueu.

A contorna da Casa da Aldea de Meiro, que dende hai unhas semanas acolle la sede de la Asociación de Familiares de Persoas Afectadas de Alzheimer do Morrazo (Afamo), acolleu este venres un acto festivo organizado para lembrar a tradición dos Maios. Un acto organizado por este colectivo no que tamén participou a asociación de veciños A Morada de Meiro e o alumnado do CPR Virxe Milagrosa de Bueu.

Este acto festivo foi a guinda a unha semana de traballo conxunto dos usuarios de Afamo pero tamén dos veciños, os alumnos do centro e tamén dos membros do obradoiro do Padroado de Beiramar de Moaña.


Afamo botou a andar no ano 2000, e coas súas múltiples actividades buscan contribuír ao benestar das persoas afectadas de demencia e das súas familias, a través dunha atención integral e especializada, promovendo o envellecemento activo e a prevención, proporcionando recursos e servizos que respondan ás súas necesidades buscando unha maior implicación da sociedade. Por iso, dende marzo deste ano, co apoio do Concello de Bueu, habilitaron unha nova sede na vila, que se sitúa nas dependencias da Casa da Aldea de Meiro, onde prestan servizos de atención para as persoas afectadas, a través da unidade terapéutica de demencias; e tamén se informa ás familias e á cidadanía en xeral nas diversas actividades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *