O Concello de Cangas sacará en breve a licitación o pavimentado ecolóxico da rúa de Fora en Donón, financiada a través do Plan Concello 2022 con 158.508,80 euros. A pista a pavimentar ten unha lonxitude de 670 metros e actuarase nunha superficie total de 4.322 metros cadrados.
A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, explica que esta actuación incluíuse no Plan Concellos debido ás reiteradas queixas veciñais, xa que un tramo desta pista
coincide e da acceso a un núcleo de vivendas, que padecen as consecuencias na súa saúde da nube de pó que levantan os numerosos coches que transitan por este entorno ben para gozar das vistas ou ben para acceder ao Monte do Facho e as súas escavacións.
A vía a pavimentar delimita o remate do núcleo de Donón e separa dúas calificacións urbanísticas diferenciadas, unha de suelo non urbanizable de núcleo rural e outra de suelo non urbanizable de protección de espazos naturais.
O proxecto, que recolle as suxestións trasladadas ao Concello pola veciñanza que reside nesta contorna, contempla a apertura dunha caixa para a nova pavimentación; a excavación mecánica de cuneta con motoniveladora; o transporte con camión basculante dos residuos a un centro autorizado; a formación de cuneta de formigón coloreado triangular tipo V-20 e o pavimentado da pista en formigón de 15 centímetros de cor terrizo.