A actuación, financiada con cargo ao Plan Concellos 2022, resolverá as filtracións de humidade, o deterioro do pavimento, a falla de iluminación e o desorde estético no frente panteóns
O Concello de Cangas procederá nos vindeiros meses á rehabilitación de cemiterio de Coiro, un proxecto que conta cun investimento de 167.350 euros que serán financiados con cargo ao Plan Concellos 2022 e que actuará nun ámbito de aproximadamente 2.200 metros cadrados.
A actuación prevista busca solventar os problemas de escorrentía de augas pluviais existentes no mesmo, a falta de iluminación pública e o estado de conservación dos muros na parte máis vella do cemiterio municipal, onde se ubica o único acceso ao mesmo. Neste punto o proxecto contempla a pavimentación con recollida de augas de chuvia.
En xeral, o cemiterio municipal, que foi obxeto de dúas ampliacións, presenta un estado de abandono, xa que os testeiros dos panteóns están obsoletos e carecen de revestimento e os setos da parte de enterramentos en terra conforman un límite en mal estado invadindo parte dos recorridos e perdendo toda a funcionalidade orixinal de suxección das terras a modo de talude natural.
As peticións veciñais levaron ao goberno local a acelerar a actuación no ámbito do cemiterio para resolver con urxencia o deterioro destas instalacións municipais nas que agora está prevista unha actuación que dotará de pavimentación o ámbito dos pasillos e corredores da parte mais vella do cemiterio, sobre todo no acceso; unha pavimentación continua, con ramplas reforzadas con barandillas para solventar os desniveis existentes no mesmo.
Ademáis está prevista a instalación dunha rede de canalizacións con sumidoiros para a recollida puntual e repartida de augas de chuvia parta evitar os efectos das escorrentías. O pavimento resolverase cunha combinación en enlousado de pedra con paños en formigón lixeiramente pulido, para evitar esbaramentos.
Outro dos aspectos recollidos no proxecto é a unificación das zonas diante dos panteóns existentes, colocando unha ringleira de losas en pedra que eviten salpicaduras e dignifiquen con continuidade todas as tumbas, creando una imaxe ordenada, uniforme e continua con aplicación do mesmo material, que será de pedra, diante dos panteóns.
Nas cabezas das ringleiras aplicarase morteiro e unha pintura impermeabilizante en cor neutros e impermeabilizarase a cuberta do espazo adicado a capela, conformado por unha cúpula en formigón sen cubrición. Por último, a actuarase sobre a parte dos aseos, coa dotación de cuberta de chapa na parte nova para evitar as filtracións e na zona axardinada, onde permanece a existencia de enterramento, retiraranse a vexetación seca, e conformarase un murete en pedra país, da altura dun asiento para facilitar o culto e o coidado dos enterramentos e panteóns existentes.
Como remate final da actuación o proxecto inclúe a limpeza por chorreo suave de auga a presión de todos os muros de pedra que delimitan o ámbito, tanto polo interior como poolo exterior; a eliminación de vexetacion e hedras existentes que se eliminarán das oquedades e o encintado posterior, así como pintado de todos os enreixados existentes, portas, verxas, etc.
Para garantir a seguridade dos viandantes as ramplas contarán con barandas e instalaranse puntos de alumeado led, que garantan a iluminación dos espacios de circulación. Tamén reubicaranse os contenedores do acceso para deixar a entrada ao cemiterio libre.