O Concello de Cangas ten en marcha o proxecto de sustitución de fluorescencia e instalación de iluminación LED en diferentes edificios de titularidade municipal co obxetivo de mellorar a eficiencia e reducir o consumo enerxético.
A iniciativa presente reforzar ao enmárcado no plan de eficiencia enerxética a través do cal o Concello de Cangas está a sustituir as obsoletas luminarias do termo municipal por outras de baixo consumo, o que tamén suporá un significativo aforro ás arcas municipais.
Con ese mesmo obxectivo, o de reducir o máximo posible a factura anual de consumo eléctrico o Concello de Cangas está a sustituir o actual sistema baseado en fluorescencia en todos os edificios públicos e instalacións por unha nova solución LED que se irá levando a cabo de xeito progresivo e que en todo caso se podrá ir realizando a medida que o aforro da iluminación pública vaia dando os resultados esperados en cuestión de aforro económico.
Un novo edificio en sumarse a este modelo sostible e de aforro enerxético é a Escola Infantil A Choupana no que os tubos fluorescentes tradicionais foron xa sustituidos por elementos con tecnoloxía LED conservando a luminaria actual; sustituironse os focos empotrados fluorescentes por paneles LED; os tipo downlight de fluorescencia compacta por luminarias downlight LED e cambiouse o falso teito con placas de escaiola para os ocos que non precisan luminaria.
Esta transformación do sistema de iluminación que está a rexistrar Cangas en todo o seu término municipal forma parte do proxecto de vila xestionado polo goberno local que preside Victoria Portas.