Xa deu comezo a montaxe e o recinto abrirá as súas portas o venres, 12 de agosto e prolongarase durante toda esta fin de semana en horario de 11:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 23:00 h
A organización da Feira de Oportunidades do Morrazo marcha con bo pe cara a súa 17ª edición, que será celebrada a fin de semana do 12, 13 e 14 de agosto nos Xardíns do Sinal en Cangas, como ven sendo habitual. Xa deu comezo a montaxe e o recinto abrirá as súas portas o venres, 12 de agosto e prolongarase durante toda esta fin de semana en horario de 11:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 23:00 h.
Nesta edición participarán un total de 27 empresas asociadas na súa maioría de Cangas, aínda que tamén participan establecementos de Bueu e Moaña. Os inscritos son os seguintes: 7 Fresas, Aleali Zapatería, Atrezzo, Axeito, Blondie by Noe, Box Woman, Chester, Cinaniashop, Colors, Cousiñas de Kela, Din y Don, Duende, Foot on Mars, Informática Logos, Lencería Glamour, Lencería Irelba, M de Marta, Maikel y Best Sport, Melena de León, Mercaroupa, Mímate +, Nene ́s Moda Infantil, Nöetta, OSBS Clothing, Pepeluchos, Rincón de Po e Tecnosat. Estarán representados sectores moi variados: moda home e muller, complementos e agasallos, moda infantil, deporte, xoguetes, tecnoloxía, lenzaría… Unha ocasión para ir de compras aos mellores prezos sen moverse do recinto.
Coma sempre, esta é unha cita imprescindible para os comercios do Morrazo que necesitan dar saída ao seu stock, facer sitio nos seus almacéns de cara a novas tempadas e recuperar parte do invertido. Por outra banda, para as empresas expositoras supón unha oportunidade para promocionarse, dándose a coñecer expoñendo os seus escaparates a multitude de visitantes durante os días de celebración da feira.
A Feira de Oportunidades do Morrazo é un espazo de referencia para o público local e visitante no que atopan productos con elevadas ofertas, mercando verdadeiras gangas que son de agradecer dada a difícil situación actual. Este evento está organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas_ACICA, cofinanciado pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Cangas.
A asociación invita á cidadanía a visitar esta 17a edición da Feira de Oportunidades do Morrazo, onde atoparán grandes descontos nas súas tendas habituais, confiando no consumo local e sen necesidade de grandes desprazamentos.