Fachada do hotel Libertad de Marín.

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión conceder unha licencia de cambio de uso para o edificio do antigo Hotel Libertad para así poder darlle un uso residencial, convertíndoo nun bloque de vivendas.

Tal e como se pode ler no proxecto que se presentou para a solicitude de licencia, o obxectivo é crear 11 vivendas, “con plaza de garaxe e trasteiro”, engade o concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde, Manuel Santos. Este cambio de uso de inmoble, para poder así ampliar o parque de vivendas na cidade, é, baixo o punto de vista municipal “unha boa nova, pois denota que xa empeza haber interese na nosa vila para a inversión e a promoción inmobiliaria”.

A realidade é que a día de hoxe Marín ten capacidade para que se constrúan con licenza directa máis de 2.000 vivendas. “Por iso, temos que ser capaces de atraer esa inversión privada e mostrar que a nosa vila é un lugar idóneo no que desenvolver unha promoción”.

Santos cre que movementos coma este son “positivos para afondar nese atractivo” e defende que iniciativas como a levada a cabo hai uns mese, a mesa sectorial con representantes do sector a nivel galego, “irán aportando froitos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *