O quiosco da Finca de Briz.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte o anuncio da licitación para renovar a concesión do quiosco que se atopa na Finca de Briz. Este espazo, que é un módulo prefabricado en pleno corazón da finca e cunha terraza de 12 metros cadrados de espazo, é un ben de dominio público, que está destino á venda de produtos alimenticios, lambetadas e/ou bebidas.

Tal e como se pode ler no prego, o quiosco entrégase nas condicións nas que se atopa actualmente, sendo de conta da persoa adxudicataria os labores de limpeza e posta a punto do mesmo para o exercicio da actividade.

Unha vez que o concesionario leve a cabo as adaptacións no quiosco, estará obrigado a conservalo en perfecto estado, debendo entregalo nas mesmas condicións no momento de rematar a concesión. Serán por conta do concesionario todas as obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que deban facerse no quiosco.

O prazo de duración da concesión será de cinco anos, a contar desde o día seguinte á firma do documento administrativo no que se formalice a concesión. Este prazo ten o carácter de improrrogable, polo que, unha vez cumprido o mesmo, reverterá o quiosco a este Concello.

O canon a satisfacer pola concesión terá o carácter de taxa, conforme á ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación privativa ou aproveitamento especial de dominio público. O canon mínimo fíxase en 607,93 euros anuais. As persoas licitadoras determinarán na súa proposición o canon que ofertan, que en ningún caso poderá ser inferior a esa contía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *