Tres persoas, todas elas veciñas de Tirán, en Moaña, resultaron esta mañá feridas leves tras fallarlle os freos do coche no que circulaban, un Citroën Saxo, pola baixada ao Igrexario de Tirán, preto da súa vivenda.
Segundo informa a Policía Local, o condutor decatouse de que o vehículo non freaba e a pesar de tratou de paralo co freo de man, tampouco o conseguiu e acabouse saíndo da estrada e impactando contra un muro. Afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais importantes porque os ocupantes tan só tiñan feridas moi leves.
Ata o lugar trasladouse a Policía Local e unha ambulancia para atender ás tres persoas.