O Partido Popular de Cangas reclama responsabilidades políticas polos constantes vetidos de augas fecais no municipio, o último no día de hoxe e que obrigou a izar a bandeira amarela no areal de Rodeira. Os populares consideran que xa chove sobre mollado e acusan ao goberno de pasividade e incapacidade de tomar medidas efectivas para atallar o problema. “Falar de vertidos non noso municipio pasou a ser costume e os responsables municipais, en vez de esixir responsabilidades e actuacións á empresa concesionaria do servizo municipal de saneamento, adicanse a defender a súa deficiente xes&ón actuando case como relacións públicas da mesma” afirman.
“Será que como non cobran todavía da veciñanza de Cangas, buscan estar a soldo da concesionaria?” cuestionan. “Volvemos a esixir públicamente que se abran expedientes sancionadores. Non pode ser que estes episodios de contaminación contúen saindo gra&s aos seus responsables” reclaman. “A inacción deste goberno borda a neglixencia. Cando pensan actuar e dar explicacións públicas e á oposición da súa nefasta xes&ón?” recalcan.
Dende o grupo municipal maioritario da corporación non entenden tampouco que sexan as concelleiras de Obras e Servizos e a concelleira de Seguridade e Tráfico as responsables de abordar este problema e que en todo este tempo o concelleiro de Medio ambiente Antón Iglesias esté desaparecido. “Ou ben, pensa ca cousa non vai con él ou tal vez considere que mentras non teña un salario público non ten porqué facer nada” ironizan. “Tal vez non teñan claro todavía o reparto de competencias cando a señora Nogueira con&núa presentándose como concelleira de Medio Ambiente ante os medios. Tal vez non se decatou ca cesaron no seu día dese cargo” engaden.
Mostras
Dende a formación que lidera José Enrique Sotelo anuncian unha nova batería de preguntas para coñecer se nestes úl&mos episodios de contaminación foron recollidas mostras para analizar a calidade da auga e, de ser o caso, coñecer cando e a onde se levaron a analizar e cal foi o resultado das mesmas. “Hai unha absoluta dexación de funcións por parte deste goberno en favor da propia concesionaria que é quen contamina e analiza en nome do Concello as mesmas augas” declaran. “Moito nos tememos que foron tan irresponsables de non tomar mostras de ningún &po de facelo, delegaron na empresa, parte interesada en todo este asunto” rematan.