A Xunta directiva da Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa diante da Capela do Hospital. FOTO: ILLADOSRATOS.ORG

Un ano máis, a Sociedade Filatélica-Numismática Canguesa inaugura unha nova exposición, a 19o edicion, titulada “Patrimonio de Cangas: Darbo”, na sala de exposicións da Capela do Hospital. Será o sábado 26 ás 11 h, e nela poderanse admirar coleccións de selos e moedas tanto de socios locais como varias coleccións procedentes de outras sociedades federadas de Galicia, como A Coruña e Ourense. Aínda que a temática é libre, hai varias coleccións relacionadas co tema do patrimonio como son unha dos cruceiros en Galicia, outra das catedrais do mundo,…. En total son 12 coleccións de selos, formadas por sobres conmemorativos, selos, … así como unha de moedas.

Tamén se editará, como xa é tradición, un selo conmemorativo en formato TU SELLO, con valor ordinario de clase A, e un sobre conmemorativo da mostra, que se poderá obter na propia capela os días da exposición.

Nesta edición do 2023 continuaremos coa posta en valor do patrimonio histórico- artístico de Cangas, dedicando a nosa mostra filatélica á Igrexa de Santa María de Darbo, pero non só ao elemento arquitectónico en si, senón tamén a todo o que conleva a celebración da popular romaría de Darbo, o 8 de setembro, na que miles de veciños e foráneos se xuntan para celebrar a última festa do verán na comarca, para contemplar a ancestral danza e contradanza, cos ataviados sombreiros dos bailaríns, o alpendre ateigado de xente, e como non, a beleza dunha igrexa barroca do s.XVII que, ao longo do tempo, viu pasar miles de mozos e mozas na súa verbena, e coa que Cangas, como vila mariñeira, sempre tivo un arraigo especial.

A Mostra Filatélica permanecerá aberta ata o vindeiro domingo 3 de setembro, en horario de 18 a 21 h, e a maiores os domingos de 11 a 13 h.

Cabe destacar que a Sociedade Filatálica-Numismática Canguesa, formada no ano 1985, xa fixera varias exposicións, mais é dende o ano 2007 que de maneira ininterrumpida, se veñen
organizando mostras na Capela do Hospital versando sobre diferentes temáticas como foron as “escavacións do Facho”, a industria conserveira, o Xacobeo 2010, a Semana Santa, a figura de María Soliño, a muller e o mar, o cruceiro do Hío, e un longo etc

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *