Asamblea da auga celebrada en xullo en Pontevedra para tratar a formación do ente supramunicipal.

O Concello de Marín levará na orde do día do Pleno da Corporación que se
celebrará este xoves ás 20.00 horas a formalización dun acordo para crear un ente
supramunicipal co que regular a xestión do subministro de agua á nosa vila,
Pontevedra, Poio, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Levar a Pleno esta cuestión é “un compromiso que adquirimos estes concellos
nunha reunión que mantivemos con Augas de Galicia e con ACUAES en xullo”,
explicou a alcaldesa, María Ramallo, que engadiu a importancia de dar “este
primeiro paso para poder despois dotar de forma xurídica a este ente que nos
permitirá xestionar o abastecemento hidráulico nas nosas vilas dunha forma
reglada”.

Nestes momentos, este sistema de abastecemento atópase nunha situación de
irregularidade administrativa, que debe ser resolto á maior brevidade posible,
“posto que estamos a falar dun servizo público esencial”, explicou a alcaldesa.
O obxectivo do ente supramunicipal é poder, polo tanto, crear un organismo que
garanta a igualdade das condicións nas que se presta o abastecemento de auga á
poboación destes concellos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *