Presentación esta mañá do espectáculo de maxia desta fin de semana en Marín.

A maxia e o ocio infantil chegarán esta fin de semana á vila marinense cunha
nova edición do Festival Internacional de Maxia Infantil, que se celebrará o 15 e o 16
de setembro, e que foi presentada esta mañá pola concelleira Itziar Álvarez e polo
Mago Paco, xunto co resto de organizadores e Estrela de Marín.

A programación arrancará o venres 15 de setembro cos “Escaparates máxicos”,
funcións de 20 minutos en Five Sport (18.00 a 18.20), Centro Visión Marín (18.30 a
18.50) e Casual (19.00 a 19.20). Xa ás 20.00, será o turno do mago Linaje, na
Alameda Rosalía de Castro.

O sábado 16, maxia de preto, con pases de 20 minutos entre as 11.00 e as
12.30 horas no acristalado do Multiusos da Praza de Abastos a cargo de Pollo. A
partir das 11.30 horas, estará o Mago Linaje no Museo Manuel Torres facendo o seu
espectáculo “De rechupete”, pensado para nenos pequenos entre 1 e 4 anos. Será
preciso inscrición previa no teléfono 679979292.

Ás 12.30 horas, Cliff the Magician será quen actúe na Alameda Rosalía de Castro,
relevado despois ás 17.30 horas por Pollo. Ás 18.30 horas, a maxia trasladarase ao
Parque Eguren coa actuación de Adrián Carratalá.

Finalmente, ás 21.00 horas será a Gala Internacional de Maxia na Alameda. Todas
as actividades que están programadas alí serán susceptibles de ser trasladadas ao
Multiusos en caso de chuvia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *