O alcalde, César Poza, adianta unha “transformación de Vilaboa” que xa se intúe en Bértola coa reordenación do sistema viario municipal
O goberno local de Vilaboa mobiliza 1.687.824 euros no seus primeiros 100 días de mandato en obras rematadas, en execución, en periodo de licitación e as que teñen os expedientes rematados para sair a licitación. Ese é o balance que César Poza fai do primeiro trimestre deste novo mandato no que os veciños e veciñas lle entregaron unha confianza maioritaria que facilitará a transformación de Vilaboa. Entre as actuacións en marcha está a mellora da rede viaria en varias zonas de Bértola incluíndo a dotación de saneamento (189.429 euros) e
Paredes (27.706 euros); a senda peonil á igrexa de Figueirido; o centro social e de maiores de O Picho; a reconstrucción de muros de contención en viais municipais; o saneamento e pavimentación no núcleo de Acuña ou a mellora dun camiño en Nores.
Nos últimos días remataban en Paredes as obras de asfaltado de varios viais, incluíndo a drenaxe, o repintado e a sinalización das limitacións de velocidade para garantir a seguridade dos peóns. En execución está ainda a remodelación da rede viaria en Amproa, Bértola e Outeiro, lugar no que se está a ampliar a rede de saneamento municipal; dúas actuacións con orzamentos diferentes pero de execución conxunta para optimizar os recursos e ás que o Concello destinou 147.182 euros e 42.244 euros respectivamente.
“Temos en marcha unha profunda transformación de Vilaboa que xa se pode atisbar en Bértola coas actuacións que están en marcha e que mellorarán sustancialmente a calidade do sistema viaria, coa dotación de servizos, á vez que revalorizan todo o núcleo”, apunta César Poza.
Tamén en execución e en colaboración coa Deputación de Pontevedra avanza a senda peonil á igrexa de Figueirido, coa realización de muros de contención e canalización das augas pluviais ata a súa chegada ao cemiterio, donde remata co adoquinado de todo o entorno convertendo a área na que está o cruceiro nunha praza ou punto de encontro con prioridade peonil.
Xa en proceso de licitación o Concello ten tres obras: o saneamento e pavimentación da Cardiña (149.197 euros); a mellora do camiño da Lufiña ás Cernadas (57.964 euros) e pavimentacións en Cernadas e Outeiro en Santa Cristina de Cobres (59.773 euros).
Durante estes meses tres primeiros meses de mandato o goberno local rematou os expedientes doutras catro importantes actuacións que sairán a licitación en breve. Trátase do centro social e de maiores de O Picho, que terá un investimento compartido coa Deputación de Pontevedra de 643.268 euros; a reconstrucción de varios muros de contención en viais municipais que se encontran en situación de risco por un importe de 69.697 euros; o saneamento e pavimentación, con humanización do entorno, no núcleo de Acuña por un importe de 283.917 euros e a mellora dun camiño en Nores por 30.576 euros.
“Temos un proxecto moi claro para Vilaboa no que continuamos traballando desde o primeiro minuto deste mandato. As máquinas están nos camiños e non paramos nin un momento os asfaltados, os saneamentos e a dotación de auga, xa que son servizos básicos que a xente demanda”, apunta César Poza.