Este domingo 29 cúmprense «100 semanas de loita» para demandar a volta das urxencias a Moaña e o reforzo dunha ambulancia para a comarca e a modo de celebración a Mesa da Sanidade do Concello decidiu celebralo rodeando a Casa do Mar. Será ás 11:30 horas.
Segundo a alcaldesa de Moaña e presidenta da Mesa, Leticia Santos, «somos o único movemento social en defensa da sanidade pública que ten esa constancia e marca un fito en todo ou país» e, a pesar disto, «parece que a Xunta non ten ningún interese en atender as nosas demandas ,que en resumo non son outras que recuperar en Moaña o nivel de servizo previo á pandemia da Covid-19».