Concluíu ás 16.30 horas o arranxo da liña xeral de abastecemento de Cangas que percorre o Camiño Vello de San Roque, co que queda restablecido o servizo de auga para as parroquias de Aldán e O Hío e os lugares de San Roque e Liméns. A subministración quedou interrumpida este mediodía debido á rotura da tubería, cando se iniciou a reparación que en principio estaba prevista para as 22.00 horas desta noite.