Elaborados polo alumnado de cociña do obradoiro de Marín.

O director do programa, que está a mellorar as oportunidades de inclusión laboral de 20 persoas beneficiarias, trouxo á Xunta de Goberno Local unha mostra das elaboracións da modalidade de cociña, como proba para futuros pinchos en actos públicos e institucionais

Aprender un novo oficio é unha oportunidade de insertarse laboralmente e volver formar parte activa da sociedade, cun traballo digno e ganas de seguir mellorando a nivel individual. Nesa tesitura están as 20 persoas beneficiarias do II Obradoiro Dual de Emprego financiado pola Xunta de Galicia con case medio millón de euros e que xa leva activo desde o mes de xullo.

O obradoiro conta con dúas modalidades, unha de Cociña e outra de atención sociosanitaria. Desta quenda, foi o alumnado de Cociña o que quixo facer un testeo de como van os seus avances nas elaboracións salgadas e doces que practican nas cociñas do Espazo Emprendedor do Parque Azul.

O director do programa, Óscar Rey, trouxo unha pequena mostra destas elaboracións á Xunta de Goberno Local. O obxectivo, tal e como comunicou o Concello, é o de integrar o traballo destes 20 alumnos e alumnas en futuros ágapes que se fagan no contexto de actos públicos institucionais, servíndolles como unha práctica dentro do propio Concello. Empanadas de cabaza, soa ou con chourizo; biscoito con noces e pasas, galletas de manteiga e cacao… Foron algunhas das propostas que se puideron probar e que dan boa conta da evolución do alumnado en apenas dous meses de formación.

O Concello lembra que este proxecto é posible grazas á inversión da Xunta de Galicia, que permite desenvolver iniciativas de longo percorrido que permitan a inserción real e efectiva de persoas en situación de desmprego no mercado laboral actual, formándoas en novas áreas e axudándoas a desenvolver novas aptitudes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *