A compañía de Novo Circo trae ao Auditorio de Marín un espectáculo cheo de humor e malabarismos para todos os públicos o domingo 6 de setembro
O Auditorio de Marín arrancará setembro co Ciclo Teatro Galego programado polo Concello de Marín e cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Agadic, a Axencia Galega de Industrias Culturais, grazas á inclusión do Auditorio na Rede de Teatros e Auditorios de Galicia. Será cun espectáculo circense dirixido a público familiar, “Sen Patrón” da compañía Pista Catro, o domingo, 6 de setembro, ás 19.30 horas.
As entradas poden adquirise a través de Ataquilla por un prezo de 2,50€ (3€ con gastos de xestión): https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/teatro/989-auditorio-de-marin/x3a mcjt8-sen-patron2c-de-compania-pista-catro
Sobre o espectáculo
No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patrón, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante.
Tres cómicos que viven e móvense como os malabares que controlan, creando patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.
Sobre a compañía
Pistacatro é unha empresa de artistas galegos que se adican a crear, producir e distribuir os seus propios espectáculos de Novo Circo e Cabaré. Unha traxectoria que abarca dende o ano 2000, cando comezaron a funcionar como asociación ata 2006 que se constituiu como empresa.
Sete anos nos que os seus membros se formaron e actuaron non só en Galicia e España, senón tamén en diversas partes do mundo: Brasil, Cuba, Rusia, Arentina, Gran Bretaña, India, Moçanbique, Portugal, República Checa, Italia, pero sempre tendo Santiago de Compostela como base de operacións. Entre as súas produccións destacan Terra Buró, Cabarés Pistacatro, Kamikaze.

