Canchas de Marín pendentes de reforma.

As empresas interesadas poderán presentarse no prazo de 20 días naturais por un importe de case 227.000€, financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local aprobou recentemente o inicio da licitación da renovación das actuais canchas deportivas da Praza de España, anexas ao Auditorio, para retiralas e facer nese espazo unha gran pista multideportiva.

O Concello explica que estas instalacións, moi utilizadas pola rapazada de Marín, atópanse en moi mal estado debido ao paso do tempo e ao intenso uso das mesmas e por iso non era abondo con plantexar un traballo de mantemento das canchas, senón renovalas totalmente.

Así, o Goberno Local decidiu investir parte do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, concretamente 226.879,89€, na renovación das pistas, procedendo á súa retirada e á colocación dunha única con mellores calidades e prestacións.

O deseño desta nova pista será acorde coa renovación urbana de todo ese corazón entre a Alameda e a Praza de España e permitirá practicar distintos deportes grupais, como fúbtol, baloncesto… As empresas interesadas en concorrer a esta licitación terán 20 días naturais desde a súa publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *