Alexandre Míguez durante a proba.

Alexandre Míguez Cores, deportista do Club Piragüismo Vilaboa, de 18 anos recentemente cumpridos, representará a España no vindeiro Campionato de Europa de Sprint despois de protagonizar un dos logros máis destacados da tempada ao conseguir a clasificación para dous Campionatos de Europa diferentes en tan só oito días.

O pasado 22 de maio, Alexandre logrou a clasificación para o ECA Canoe Sprint Junior & U23 European Championships na proba de K2 1000 metros júnior. Tan só oito días despois, o 30 de maio, conseguía tamén a clasificación para o ECA Canoe Marathon European Championships na proba de K1 júnior. Trátase dun logro pouco habitual no piragüismo de alto nivel, xa que supón acadar a clasificación internacional en dúas modalidades con características e esixencias moi diferentes, demostrando a extraordinaria versatilidade e o nivel competitivo do novo padexeiro galego.

Porén, este éxito non puido celebrarse inmediatamente. Aínda que as dúas clasificacións foron obtidas a finais de maio, houbo que agardar ata o pasado 5 de xuño para coñecer a decisión definitiva sobre a competición internacional na que Alexandre representaría a España.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *