La portavoz del grupo municipal del PP de Cangas, Dolores Hermelo, identificándose al entrar al Concello de Moaña para la asamblea de aprobación definitiva de la tasa fiscal de recogida de la basura el pasado mes de febrero.

A formación popular cualifica de inaudito que o BNG e os seus socios, tras unha década gobernando o ente supramunicipal, acaben de descubrir a existencia de 1.082 vivendas que non abonan o recibo

O Partido Popular de Cangas manifestou hoxe a súa absoluta indignación ante as últimas informacións relativas á xestión do servizo de recollida de lixo por parte da Mancomunidade do Morrazo. O ente supramunicipal vén de anunciar a apertura de expedientes para dar de alta a 1.082 vivendas (250 delas en Cangas) que levaban ata catro anos sen pagar a taxa correspondente.

Para os populares, esta situación evidencia un descontrol administrativo inxustificable. «Sorprende e indigna profundamente que, despois dunha década gobernando o BNG e os seus socios na Mancomunidade, nos enteiremos agora de que había máis dun milleiro de vivendas ‘fantasma’ sen abonar o servizo. A orde lóxica e xusta de calquera administración sería actualizar
primeiro o padrón fiscal para que paguemos todos e, así, pagar menos. Con todo, eles fixeron xusto o contrario: primeiro metéronlle a man no peto aos cidadáns que si cumpren, aprobando un ‘taxazo’ que case duplica o recibo previsto para 2027, e logo puxéronse a revisar quen non pagaba», denuncian desde a formación.

Nesta mesma liña de xestión «atropelada e de costas á realidade», o Partido Popular de Cangas alerta de que, dúas semanas despois, seguen sen ter ningún tipo de resposta respecto ás alegacións presentadas á nova ordenanza de funcionamento do servizo.

Os populares reiteran que esta norma ten un carácter puramente confiscatorio, irreal e gravemente prexudicial para o tecido produtivo de Cangas e de todo o Morrazo. Neste sentido, a formación advirte de que a ordenanza impón franxas horarias estritas e totalmente incompatibles coa realidade turística e comercial da vila. Ao limitar o depósito do lixo unicamente á franxa de 20:00 a 23:00 horas, o goberno está abocando aos hostaleiros a reter residuos insalubres no interior dos seus locais durante as horas de maior afluencia de clientes.

Por último, o PP de Cangas censura que a nova normativa establece un afán recadatorio absolutamente desproporcionado. A ordenanza castiga con multas de ata 2.000 euros infraccións menores relativas á simple separación ou á baixada do lixo fóra de hora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *