Ramallo con el alcalde y el portavoz del PP en Vilaboa.

O Partido Popular de Vilaboa, a través do seu portavoz municipal Alberto Acuña, preguntou no pleno celebrado onte polo
retraso no inicio das obras de pavimentación previstas nos núcleos de Ramalleira, Balteiro e Barciela, unha actuación financiada con fondos da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan +Provincia.

Os populares lembran que esta obra foi anunciada publicamente en maio de 2025, cando a Deputación adiantou que destinaría 140.000 euros á financiación íntegrada pavimentación de vías municipais en Ramalleira, Barciela e O Balteiro, dentro
da liña 1 do Plan +Provincia.

Acuña sinala que “non estamos falando dunha actuación improvisada nin menor, senón dunha obra anunciada hai meses, para camiños que xa entón se recoñecía que tiñan un deterioro acusado do asfalto e que precisaban melloras de firme, seguridade viaria e sinalización”.

“Se a obra estaba anunciada, se os fondos estaban comprometidos e se a súa necesidade era evidente, o mínimo que debe facer o goberno municipal é explicar con claridade en que punto está, cando se vai iniciar e cal é o calendario real de execución”, afirma o portavoz popular.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *