As persoas ou colectivos interesados poderán presentar a solicitude antes do 12 de xuño

Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía publicado na web municipal, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude xunto á documentación completa antes do 12 de xuño.

As cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no Bando, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 10 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario
urbano, vehículos, masas arbóreas ou arbustivas, entre outros, e non deberán superar en ningún caso os 3 metros de alto nin de diámetro.

As persoas organizadoras e responsables das fogueiras deberán ser maiores de idade e será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento da mesma.

Tal e como se explicita no bando, só serán susceptibles de autorización as solicitudes sobre terreos ou espazos públicos onde non resulten expresamente prohibidas polas ordenanzas municipais, ou ben en terreos privados. Para as fogueiras en dominio
público establécese o depósito previo dunha fianza por importe de 200 euros en garantía de reparación ante posibles danos e do cumprimento das obrigas de limpeza e restitución do espazo utilizado.

Tanto o Bando da Alcaldía como as solicitudes están dispoñibles na web municipal: www.concellodebueu.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *