A conselleira coa alcaldesa no centro de día de Marín.

A atención social ás persoas maiores é un dos servizos públicos máis importantes e no que existen distintas vías segundo as necesidades a cubrir. Ademais do Servizo de Axuda no Fogar, que cubre 90 fogares, coa prestación de máis de 5.000 horas ao mes, tamén están o Centro de Día de Maiores e o programa do Bono Coidado no Fogar.

Con respecto ao Centro de Día, a alcaldesa, María Ramallo, explica que nestes momentos “está o cupo de 20 prazas que temos habilitadas completo, así que solicitaremos á Xunta de Galicia que se poidan abrir novas prazas en función da lista de espera.

“Onte organizaron unha xornada de portas abertas e sabemos que hai algunhas persoas pendentes de poder acceder a este servizo, que é unha enorme axuda para as familias e onde teñen un equipo de profesionais boísimo”, explicou a rexedora.

Por outro lado, segundo datos da administración autonómica, xa hai 347 persoas beneficiarias do Bono Coidado no Fogar, outro programa que remunera ás persoas que coidan a dependentes e que ten aberta a súa solicitude para as persoas ás que lles interese.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *