O xerente de Estrela de Marín co concelleiro de Facenda , Manuel Santos.

O CCA Estrela de Marín, instalará un stand informativo na Praza de Abastos maña mércores e o xoves 12, en horario de 10:30 a 13:00, co obxectivo de facilitar a tramitación dos Bonos Comercio de Marín e reducir a fenda dixital entre a veciñanza.

Durante estas dúas xornadas, os clientes terán a posibilidade de adquirir unha tarxeta física cargada con 30 euros, pagando só 20 euros, unha iniciativa pensada para aquelas persoas que teñen dificultades para realizar o proceso de maneira telemática. Deste modo, a asociación busca garantir que toda a cidadanía poida beneficiarse do bono 20/30 e apoiar o comercio local.

A entidade lembra que o prazo para conseguir os bonos remata este venres día 13 ás 21.00hrs, polo que anima á veciñanza a achegarse ao stand para resolver dúbidas, recibir asistencia e obter a súa tarxeta física antes de que finalice a campaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *