Desfile do Páxaro no 2025.

O da sardiña será o venres 20 e o do paxaro o domingo 22, ámbolos dous ás 17.00 horas con saída dende a rúa Montero Ríos e o percorrido polo centro urbano

O Desfile do Enterriño da Sardiña será o venres 20 de febreiro a partir das 17.00 horas. Debido á previsión de chuvia para o mércores, dende o consistorio e os colectivos participantes acordouse pospoñer o desfile ao venres. A comitiva, protagonizada polas sociacións de nais e país da vila e outros colectivos infantís, saíra dende a rúa Montero Ríos, con percorrido polas rúas da vila e remate na carpa de As Lagoas cunha sardiña de globos.

Pola súa banda, o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, encherá de cor as rúas da vila o domingo 22 de febreiro, a partir das 17.00 horas, cun gran desfile e a tradicional queima do paxaro na praia da Banda do Río, que coma nos últimos anos é elaborado polo artista local Tino Resille.

Inscrición Desfile Enterro do Paxaro

O Concello de Bueu lembra que aínda está aberto o prazo ata o venres para participar no Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro e poder optar aos premios económicos nas diversas categorías. As bases poden consultarse na páxina web municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *