Unha visita do delegado territorial a Vilaboa.

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, deu a coñecer +Aqua, +Novaqua e
Provincia Comunitaria, as tres liñas de axudas provinciais dirixidas a comunidades de
augas e ao tecido asociativo que se poden solicitar ata o 1 de abril

A Deputación de Pontevedra deu a coñecer en Vilaboa as liñas de axudas provinciais de Acción Comunitaria para este 2026 dirixidas a comunidades de augas e ao tecido asociativo, das que en anos anteriores se beneficiaron 32 entidades do concello con preto de 360.000 € e, no conxunto da provincia, arredor de mil colectivos entre os que se distribuíron 11,5 M€. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, presentou os recursos e novidades de +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria deste ano, unhas axudas que se poden solicitar ata o 1 de abril e que suman un investimento inicial de 3,2 millóns de euros, o que supón un 20% máis que no 2025.

As dúas liñas de axudas dirixidas ás comunidades de augas, +Aqua e +Novaqua, están dotadas este ano de máis de 1,8 millóns de euros para seguir avanzando na mellora da calidade da auga e das súas instalacións, así como na regularización das traídas. Os 360.000 € de +Novaqua irán dirixidos a regularizar as traídas de augas veciñais, con axudas que ascenden ata os 6.000 euros e permitirán aos colectivos sufragar os custos da redacción do proxecto de legalización e renovación, das analíticas ou dos traballos de topografía, así como os gastos de xestión e tramitación, entre outras cuestións.

Con preto de 1,5 millóns de euros, +Aqua destinará ata 10.000 € por entidade para instalar ou mellorar as
infraestruturas das traídas de augas comunitarias (contadores, canalizacións, redes de distribución,
tomas…), así como iniciativas de dixitalización, sostibilidade e eficiencia enerxética que impliquen unha
mellora na xestión da auga. Tamén poderán dedicar os recursos da Deputación a financiar sistemas de
tratamentos ou da calidade da auga subministrada, ademais de a obras de mellora na captación ou
actuacións de impermeabilización, entre outras actuacións.

No que respecta a Provincia Comunitaria, a liña de axudas dirixida a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da provincia, o orzamento ascende a preto de 1,5 millóns, tamén con máximo de 10.000 euros por entidade beneficiaria. Neste caso, os colectivos poderán solicitar o financiamento de obras, da adquisición de equipamentos ou dos gastos derivados da xestión e tramitación da subvención e do pago de taxas, así como para traballos de roza e de limpeza de terreos. Recursos de Acción Comunitaria en Vilaboa

Ata o de agora foron 32 as entidades de Vilaboa que se beneficiaron de preto de 357.000 € das liñas de
axuda de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra. Por unha banda, 19 comunidades de augas
recibiron preto de 270.000 € para instalar novas tubaxes, mellorar a calidade e o control da auga, acometer melloras na súas infraestruturas, instalar clorímetros e construír depósitos de auga; outras 9, con máis de 46.000 €, renovaron as concesións das súas traídas; e 4 asociacións, con preto de 42.000 €, realizaron melloras nos seus locais e mercaron mobiliario e equipamento para a prestación dos seus servizos cara as persoas usuarias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *