O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, o deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Paulo Ríos, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, demandan ao Goberno central a cesión gratuíta dos activos da Sareb existentes no concello ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Rego avanzou rexistrará iniciativas nas Cortes para exixir ao Goberno central asumir a súa responsabilidade e facilitar a transferencia de vivendas e solos da Sareb, unha entidade creada con fondos públicos, para os pór ao servizo do dereito á vivenda e non da especulación. Para Santos o acceso á vivenda é na actualidade un dos principais problemas sociais, especialmente para a mocidade e para as familias con menos recursos.

