A Cantina do Porto de Marín.

A Mesa de Contratación avalou esta oferta das tres presentadas. A xestión será por dous anos, con outros dous de prórroga.

A xestión da Cantina do Porto para os próximos dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, xa ten unha proposta de adxudicatario. A Mesa de Contratación propón en favor da oferta máis vantaxosa, que cifra o canon mensual en 700 euros.

Trátase dun local de 184 metros cadrados de superficie, que debe utilizarse como cafetería-restaurante. O adxudicatario terá que realizar as correspondentes adaptacións no interior que considere, así como asumir os gastos de mantemento que se xeren e a garantía e a póliza de seguros a depositar na Tesourería municipal.

Ademais, estará obrigada a conservalo en perfecto estado, debendo entregalo en perfectas condicións e nun correcto estado de limpeza.

Tamén será por conta do adxudicatario a realización de todas as obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que deban facerse no local, sempre contando coa autorización previa do Concello.

O persoal empregado e os gastos que se xeren en canto a auga, limpeza ou outros propios da actividade a desenvolver, tamén correrán a cargo da persoa encargada da súa xestión.

O local poderá permanecer pechado por vacacións durante un mes ao ano, excluíndo o período estival, entendendo que este vai de maio a setembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *