A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación dos contratos dos lotes do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a máis de 4,4 millóns de euros.
En total, aprobáronse os 6 lotes que constitúen este acordo marco e que permiten dar servizo, tal e como
detallou o presidente, a estradas provinciais de todos os concellos da provincia. En lo que respecta a la comarca de O Morrazo, correspondelle o lote 4 por valor de 873.700 euros e irán dirixidos aos concellos de Pontevedra, Vilaboa, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Poio, Cangas, Moaña, Bueu, Redondela, Moraña e Campo Lameiro.